Suma Ribeira pide ao concelleiro Vicente Mariño que dea explicacións sobre a suposta expedición irregular de tests de antíxenos

30 Xullo 2021

A agrupación cidadá Suma Ribeira emitiu un comunicado no que lle solicita ao concelleiro Vicente Mariño de Bricio, coordinador do Partido de Barbanza Independente (PBBI), que dea explicacións ante as denuncias sobre unha suposta expedición irregular de probas de antíxenos, que reflectimos os días pasados ende O Barbanza. A organización, á espera de poder avaliar o sucedido con todos os argumentos necesarios e de primeira man, advirte que “non vai aceptar a dinámica que algún partidos tentan instaurar de enlear a política municipal por desencontros doutro tipo”.

O voceiro de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón

No comunicado tamén se fai saber que o voceiro de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, tomou a decisión de ficar á marxe do debate xerado polas probas de antíxenos por compartir profesión farmacéutica co seu homólogo do PBBI.

Este serían os puntos do comunicado de Suma Ribeira:

1. “Que ao igual que xa manifestamos en datas recentes pedindo que a concelleira, xa dimitida do PP, dera explicacións polo miúdo do acontecido antes pronunciarnos sobre unha posíbel petición de dimisión; a nosa postura non mudou e imos agardar as oportunas e necesarias explicacións antes de valorar se pedimos ou non a dimisión de Mariño de Bricio”.

2. “Que non está no ánimo da nosa organización entrar en dinámicas que non conducen a resolver os problemas dos cidadáns, e observamos con pesar que desencontros de tipo persoal (non políticos) enlean a política municipal e derivan en moitas ocasións en situacións que impiden os debates sosegados e con argumentos. Os desencontros deste tipo (non hai máis que repasar os plenos municipais para constatalo) dentro do espazo da dereita non nos ocupan na medida en que non son da nosa incumbencia. O que non aceptamos é que distorsionen a política municipal e sexan o centro de debates estériles”.

3. “O concelleiro de Suma Ribeira, Xurxo Ferrón, solicitou dos seus compañeiros e compañeiras non ser neste asunto o portavoz da organización dado que a postura que poidamos tomar pode ser interpretada como interesada por compartir con Vidente Mariño de Bricio”.

4.- “Suma Ribeira pide ao concelleiro Mariño de Bricio que dea as explicacións que considere oportunas, para nós é imprescindíbel que o faga para poder ter unha postura argumentada sobre o que nós consideremos da súa actuación”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...