Sen acordo entre a ANPA a dirección do CEIPP de Palmeira e Educación. Convocada unha concentración este venres na praza do Concello as 12 da mañá

15 Xullo 2021

A xuntanza para evitala peche de aulas no CEIPP de Palmeira entre a Anpa e a xefatura como algo estéril.

O único argumento empregado pola Xefatura Territorial foi que “eles só son funcionarios facendo cumprir a normativa vixente”, “eles non fan as normas só as compren” e polo tanto “Ttaxantemente , non van cambiar de opinión respecto á redución no número de aulas, pois consideran que poden enchelas ata 25-27 nenos/as segundo a normativa” “e na súa opinión, ese número de nenos/as por aula non ten por que ser malo para ninguén, pois non hai estudos que o avalen”, “o cambio da lei tense que facer noutro sitio (no goberno) e non no seu despacho”.

A ANPA non está de acordo, e insiste en que non se trata de saltarse ningunha norma, a normativa fala de rateo máximo de 25 por aula pero non fala de mínimos, os mínimos son decisión da Xefatura, e por iso lle solicitan que baixen ese rateo de 25 crianzas a 16-17-18, segundo as necesidades de cada grupo é non o revés. Ao entender da asociación, se queren garantir a calidade no ensino, o rateo debería ser adaptado ás necesidades de cada aula e non á contra, sobre todo cando teñen rapaces e rapazas con NNEE (necesidades especiais).

Din que “esa é a nosa opinión, pero non hai nada que a avale”… Mostráronlles e falaban todo o tempo dun catálogo de número que lles di cantas aulas poden ter segundo o número de alumando matriculado no centro… así de simple, un catálogo de números, sexan como sexan as complexidades ou necesidades de cada aula…  A ANPA quédalle claro, que para a xefatura, iso non é un criterio a ter en conta, polo tanto, a calidade no ensino non está refetido nese catálogo.

Trala que calificaron tensa discusión que durou preto de 45 minutos, chegouse sempre ao mesmo “punto morto”: a ANPA penan que debería de reducir o rateo para garantir a calidade no ensino, e a xefatura considera que non, que compren a norma e que nos non podemos asegurar que ese rateo legal non sexa o correcto.

A conclusión da xuntanza é que mentres desde ensino din que compren coa súa labor…a ANPA consideran que non ó fan ben!.

Por iso desde a ANPA convocan a unha concentración mañá na praza do Concello as 12 da mañá. A chamada é en apoio ás familias a comunidade educativa..

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...