Sanidade vai facer un cribado en Boiro para detectar asintomáticos entre a xente nova

13 Xullo 2021

O Concello de Boiro confirmou este 13 de xullo que o SERGAS vai facer un cribado á poboación para idades comprendidas entre os 16 e os 29 anos. As probas realizaranse entre a tarde deste martes 13 e a mañá do mércores 14 no Centro de Saúde de Boiro.

En total van ser citadas vía SMS arredor de 2.400 persoas desta franxa de idade para a realización das probas que se van realizar esta tarde entre as 15.30 e as 21.30 horas e mañá de 9.00 a 14.00 horas.

O Concello solicitou o cribado “tendo en conta o aumento de casos entre a poboación máis moza” e co obxectivo de avaliar as idades con maior incidencia e detectar posíbeis casos asintomáticos e frear o espallamento do virus.

Dende o Concello de Boiro solicitase a colaboración da veciñanza e a asistencia ao cribado para poder frear a expansión do virus e o que número de contaxios deixe de medrar.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.