Pratos de plástico, palliñas ou bastoncillos, prohibidos desde este sábado

02 Xullo 2021


A venda de pratos de plástico, pallitas, bastoncillos, cubertos e envases de polietileno para alimentos queda prohibida en toda a Unión Europea o vindeiro sábado, 3 de xullo.

Europa persegue a retirada do mercado dos produtos de plástico de usar e tirar. As autoridades entenden que hai suficientes alternativas para eles así que, hai dous anos aprobou unha Directiva que daba de prazo aos Estados membro ata este próximo sábado para prohibir a súa venda.
Esa directiva é a do 5 de xuño de 2019 sobre a redución do impacto de determinados produtos de plástico no medio ambiente. A mesma establece que desde o 3 de xullo de 2021 queda prohibida a venda de calquera produto fabricado con plástico oxodegradable; con microesferas de menos de 5 milímetros; pratos de plástico, palliñas, bastonciños; cubertos de plástico; pratos; paus axitadores de bebidas; pau dos globos; recipientes de poliestireno expandido e vasos dese material.

O sábado, tamén en vigor novas obrigacións de marcado para compresas, tampóns hixiénicos e aplicadores de tampóns; toalliñas húmidas; produtos do tabaco con filtros e vasos de bebida.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...