Os socialistas de Ribeira requiren a posta en valor das históricas ramplas de atraque do concello

14 Xullo 2021

O PSOE de Ribeira, a través do seu voceiro José Manuel Vilas, presentou ao pleno da Corporación unha proposición relativa ao estado no que se atopan as ramplas históricas de atranque e amarre do concello, estruturas construídas en pedra sobre puntas, praias e promontorios que proporcionaron e proporcionan ás embarcacións (traíñas, dornas, racús, barcos,…) condicións axeitadas e seguras para a súa permanencia en abrigo, para que puideran descargar peixe, para efectuar o transbordo de mariñeiros ou mesmo para o lecer da cidadanía en tempada estival. Para os socialistas, “é patente, nunha simple visita de rutina, o deterioro que están a sufrir as ramplas de atraque situadas no noso Concello, a saber na punta do Castro (Castiñeiras), na punta da Raia-Mosqueiros (Castiñeiras), na praia da Area Secada (Ribeira), e na punta do Touro (Ribeira), “lugares todos eles de gran interese patrimonial”, sinalan.

Segundo explican, trátase de construción realizadas entre os anos 1,800 e 1.900, encamiñadas a dar servizo aos almacéns de salgadura instalados nas inmediacións, e mais tarde ás fábricas de conservas. Están feitas a base de pedra granítica dunhas dimensións diversas, bloques de pedra, perpiaños, mampostería, etc….

“Estas obras”, engaden, “son únicas no noso concello de Ribeira e e son visitadas ocasionalmente por unha importante cantidade de veciños e visitantes, que se interesan, ou desfrutan destas construcións, ben con amarres das súas embarcacións, ou usándoas como zona de pesca, ou de baño”. Porén, indican, “os danos no seu firme son evidentes, con esconchados e pedras movidas, e con furados ocasionados pola acción do mar, polo que poden causar lesións imprevisíbeis”. A isto, din, súmase a falta de alumeado (no peirao dos Mosqueiros só hai un farol e non dá servizo) e outras eivas nas instalacións. Ademais, engaden os socialistas, “partes das súas estruturas están movidas e foron depositadas no leito mariño da rada-praia, polo que a súa reparación é factíbel”.

Os peiraos da punta do Castro e da Area Secada

Por todo isto, o PSOE local que pide que por parte do Concello se proceda a facer un estudio de cada un dos espigóns citados, cunha memoria descritiva do estado actual, e construtiva para emendar o deterioro destas infraestruturas mariñas, e realizar un presuposto individual para poñelas en valor e restauralas; e “para recuperar a nosa identidade histórica de vinculación co mar, que significou o despegue económico de Ribeira”. Tamén solicita que en caso de non ser competencia do Concello, “fágase chegar a necesidade, e con prontitude, ao organismo oportuno (Portos, Costas, Patrimonio ou Deputación), por medio da declaración responsábel, ou outra solicitude; porque a súa

conservación é imprescindíbel para o patrimonio etnográfico ribeirense”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...