Os rexedores de Ribeira e O Son comproban os traballos do Obradoiro Tahume VI

07 Xullo 2021

Os alcaldes de Ribeira e Porto do Son, Manuel Ruiz e Luis Oujo, desprazáronse este 7 de xullo ás contornas dos areais da Corna (Ribeira) e de Aguieira (O Son) para comprobar os traballos que desenvolven as e os participantes no Obradoiro de Emprego Tahume VI nas súas especialidades de Traballos de carpintería e moble e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

En total son vinte os alumnos e traballadores que están a cursar este programa mixto de emprego e formación, dez en cada unha das especialidades, que principiaron no pasado Nadal e contan cunha duración de nove meses.

Acompañados da directora do taller, Estefanía Ordóñez, os rexedores locais estiveron a ollar primeiro a actuación de renovación da varanda de madeira no fronte do areal da Corna en Palmeira para ir a continuación ata A Aguieira en Porto do Son co obxectivo de inspeccionar as tarefas de roce e acondicionamento da masa forestal que alí se está levando a cabo.

Tanto Luis Oujo como Manuel Ruiz resaltaron “o importante labor social do alumnado en ambos municipios”, así como “as expectativas laborais que se lle abren con esta iniciativa”. Tamén avanzaron que a colaboración entre os dous concellos proseguirá cun futuro obradoiro dedicado a pavimentacións, ademais de ter solicitado outro de albanelería.

Subvencións de 1.500 €

Unha vez conclúa o obradoiro Tahume VI abrirase un prazo no que se facilitará que as empresas poidan contratar ao alumnado con subvencións por traballador de 1.500 euros para un mínimo de tres meses no ánimo de acadar a súa inserción laboral.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...