O Goberno local de Ribeira redistribue as competencias trala incoporación de Javier Sampedro

08 Xullo 2021
Foto: Concello

O Goberno local de Ribeira procedeu a aprobar unha redistribución parcial de competencias logo da incorporación como concelleiro no último pleno de Javier Sampedro Ageitos e mantendo un carácter continuista nas diversas áreas municipais en que está distribuído o Executivo local.

Así, e tal e como reflicte o Boletín Oficial da Provincia no seu día de hoxe, este edil oriúndo de Castiñeiras asume as delegacións de Xuventude e Deportes, que antes estaban sendo desempeñadas por Juana Brión Santamaría. Esta última conserva a área de Educación e incorpora as de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá.

Ana Barreiro Rego, que era a delegada destas últimas competencias, pasa a encargarse das que desempeñaba a concelleira dimisionaria Ana Ruiz no ánimo de proseguir o seu gran traballo: Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade Cabe sinalar que ademais outro cambio recente levou a que a Concellería Delegada de Infraestruturas e Urbanismo pasara a denominarse Concellería Delegada de Urbanismo, Planificación e Desenvolvemento Orzamentario, sendo a súa titular María José Sampedro Fernández; mentres que a Concellería Delegada de Persoal, Benestar Comunitario, Mercados e Consumo, pasou a ser Concellería Delegada de Infraestruturas, Persoal, Benestar Comunitario, Mercados e Consumo, ocupándoa Emilio Pérez Outeiral.
Emilio Perez ocupará a segunda tenencia de alcaldía que antes tiña Ana Ruiz.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...