O Goberno de Boiro prepara unha moción de confianza para permitir a aprobación dos orzamentos

O Goberno local do Concello de Boiro, presidido por José Ramón Romero, anunciou este xoves 1 de xullo que está a preparar unha moción de confianza para aprobar os orzamentos municipais para o ano 2021. A proposta do Executivo presentouse na sesión ordinario celebrada o pasado 24 de xullo e foi rexeitada polos grupos políticos da oposición.

O pleno da Corporación do Concello de Boiro debateu neste pleno a proposta das contas para o ano 2021 que equipara ingresos e gastos e ascende aos 15.435.00,00 euros, o que supón, segundo lembra o Concello, un aumento de 355.000 con respecto ao último orzamento aprobado no ano 2019.

Ademais do orzamento, no pleno debateuse un expediente de incorporación de créditos por mais de 2.000.000,00 euros que implicaban unha partida de axudas á hostalaría e ao comercio e un plan de obras municipais, “dúas propostas que os grupos da oposición non aprobaron”, explica o equipo de Goberno de Boiro, engadindo que “aprobar os orzamentos para o ano 2021 é fundamental para nós polo que, logo de que o presuposto non se aprobara, traballamos para preparar unha moción de confianza que posibilite desbloquear os presupostos”.