Máis de 200 veciños de Boiro fixeron uso da OMIX para activar o Carné Xove

27 Xullo 2021

O Concello de Boiro, a través da Oficina Municipal de Información á Xuventude (OMIX) puxo en funcionamento un servizo para activación do Carné Xove para a mocidade do municipio sen necesidade de desprazarse aos puntos de activación. Dende que se puxo en funcionamento, máis de 200 mozos e mozas fixeron uso deste servizo para pór en funcionamento as súas tarxetas.

A Dirección Xeral de Xuventude emite dende este 2021 o Carné Xove de maneira gratuíta para persoas entre os 12 e os 30 anos con descontos e vantaxes para a mocidade. Para o seu uso é preciso activalo nos puntos de Espazo Xove da Xunta de Galicia ou vía telemática.

Co obxecto de facilitar o servizo de activación, o Concello de Boiro ofrece a posibilidade de que a mocidade leve á OMIX as súas tarxetas e estas envíanse semanalmente para a súa activación. Toda a información sobre a tarxeta está a disposición das persoas usuarias na OMIX de Boiro, situada no Centro Social, ou no teléfono 881 055 269.

Outros artigos

Boiro impulsa un Camiño Escolar Seguro cara aos centros educativos

O Concello de Boiro e a Policía Local, xunto coa comunidade educativas do CEIP Santa Baia, o CEIP Praia Xardín e o IES Praia Barraña realizaron este 24 de abril unha xornada promocional do Camiño Escolar Seguro. Na actividade participaron o alcalde, José Ramón Romero,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...