Javier Ariza e Raquel Queizás animan en Boiro o remate de xullo con dous espectáculos

26 Xullo 2021

A axenda cultural de Boiro remata o mes de xullo con dúas actividades moi indicadas para estimular a creatividade e o maxín do público infantil e familiar. Trátase, en primeiro lugar, do espectáculo Carman, antes es mejor, de Javier Ariza, que se representa este luns 26 de xullo na praza de Galicia, a partir das 21.30 horas. A cita, de capacidade limitada (con reserva de entradas dispoñíbel a través de boiro.gal), é “unha comedia rueira, circense e participativa cun excéntrico showman e un Seat 600 cheo de sorpresas”. Haberá comportas que se abren, mecanismos que se activan, obxectos que aparecen, sons, luces e efectos de todo tipo, clown, malabares e manipulación diversa (e sorprendente) de obxectos.

Polo que respecta á segunda das citas desta recta final de xullo, será Cinema Marabillas de Raquel Queizás. Representarase o venres 30 de xullo, a partir das 22.00 horas, na Igrexa do Carme de Cabo de Cruz. Cinema Marabillas é un espectáculo da narradora, actriz e escritora Raquel Queizás para público infantil e familiar.

A cita tamén terá capacidade limitada e haberá que reservar praza, novamente, na web municipal (www.boiro.gal). Será un encontro cos principais personaxes dos contos que fixeron voar a imaxinación dunha chea de nenas e nenos de moi diversas xeracións, como Alicia no país das Marabillas, Peter Pan ou O Mago de Oz. O obxectivo é facer ver ás crianzas e as súas familias que esas historias cinematográficas e literarias poden contarse de diferentes maneiras. Non faltará aventura, humor, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...