Iniciadas en Boiro as obras da cuberta do parque infantil da praza de Galicia

13 Xullo 2021

O Concello de Boiro comezou esta semana a execución das obras da cuberta con iluminación solar fotovoltaica para o parque infantil da Praza de Galicia. A actuación, valorada en 247.740,25 euros, conta co financiamento do Plan Único (POS+) da Deputación da Coruña.

O Goberno local explica que “esta obra permitirá crear unha cuberta tipo pérgola duns 22×32 metros para que funcione como abrigo do espazo de xogos e lecer e tamén do espazo contiguo destinado a parada do transporte público”.

A estrutura estará formada por pórticos de madeira laminada e o peche da cuberta realizarase a base de láminas de policarbonato celular de 16 milímetros e protección dos raios UV.

A cuberta vai contar con iluminación mediante tiras LED e cargadores USB de intemperie en zonas accessíbeis, un sistema que será alimentado mediante paneis solares fotovoltaicos.

“Esta actuación para cubrir o parque infantil da praza de Galicia da resposta a unha importante demanda da veciñanza e que os cativos teñan un lugar no que xogar nos días de choiva así como cubrir a parada de autobús e o acceso do aparcamento público evitando as filtracións de auga que se viñan producindo”, afirmou o alcalde, José Ramón Romero.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.