En Ribeira, o domingo, actividades ambientais culturais e deportivas servirán para dinamizar o parque periurbano de San Roque

30 Xullo 2021

Ante o aumento da demanda actual de espazos lúdicos abertos para a poboación, propúxose a iniciativa da recuperación do Parque de San Roque, por parte do Concello de Ribeira, como unha área educativa e recreativa
baseada na convivencia, coidado e respeto pola natureza colaborando coa conservación da nosa herdanza paisaxística.
O proxecto, que foi presentado pola concelleira Maria Sampedro e polo colaborador Suso Bello, xira arredor do acondicionamento de zonas comúns, actividades medio ambientais, culturais, deportivas, e dinamización social. Todo un conxunto de recursos co único fin de aportar, axudar e crecer co entorno.
Xa se poden observar as primeiras tarefas de limpeza e neste momento, estase a preparar unha das actividades más fermosas e sentidas do parque. “Adopta unha árbore”, no que os padriños e madriñas faranse cargo dos coidados da árbore que escollan. Unha homenaxe a un ser querido, acercar aos cativos a natureza, un agarimo entre amigos, unha meta que alcanzar… Calquera pode participar nesta actividade que ten como obxectivo contribuír á rexeneración do bosque autóctono do parque.
O sábado 7 de agosto será a festa da adopción. As 9:30 os participantes da actividade partirán dende a praza do concello ata o parque. Entre a 10:00 e as 11:30 farase un roteiro polo parque para visitar as árbores apadriñadas. Haberá xantar popular dende as 12:30 amenizado con actuación musical e contacontos.


Festival “Raíces” – O Río conta historias O Río conta historias é una actividade que pretende converter o Lavadoiro nun escenario no que potenciar actividades relacionadas coa historia.
A actividade está pensada para recuperar a toponimia do lugar, e dotar de identidade ao lavadoiro do Río Pedrín en torno a actividades de formato pequeno no que dar cabida a espectáculos de narración oral.
Nesta ocasión contamos co espectáculo “Elas”, no que as protagonistas son as mulleres,con temáticas que van dende a nosa lingüística ao redor do auga até a consideración histórica e social da muller, pasando polo folclore ou a hidrotoponimia.
“Elas”é un espectáculo onde a narración oral se mestura coa música para dar lugar a unha proposta que lles devolvaás donas dos ríos o recoñecemento que poucas veces tiveron.
O evento será o Domingo 15 de agosto ás 12:00.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...