En Ribeira, o Concello amplía a dotación dos bonos para os campamentos de verán

01 Xullo 2021

Comezaron finalmente en Ribeira as actividades de CampaRibeira Verán 2021. Un total de 161 nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos xa se están a beneficiar dos Bonos Concilia do dito campamento ribeirense, que son outorgados polo Concello co obxectivo de subvencionar a asistencia dos rapaces as actividades estivais de lecer promovidas por empresas do municipio que se adheriron a esta campaña.

Dado que o crédito de 20.000 euros con que estaba dotado a iniciativa xa se esgotou, o Concello de Ribeira vén de aprobar este primeiro de xullo outros 4.000 euros a atender tanto peticións que non se puideron atender e novas solicitudes.

Desta maneira o explicou a concelleira de Cultura, María Sampedro, na súa visita á Casa de Cultura de Castiñeiras para asistir á apertura dun dos campamentos celebrados no termo municipal beneficiarios dos Bonos Concilia, con nove asistentes.

A edil explicou que, ademais de no casco urbano de Ribeira, tamén se desenvolven campamentos nas parroquias de Aguiño, Palmeira e na referida Castiñeiras. Hai cinco empresas adheridas ao programa: Xardín Ventureiro, Golfiño Xestión de Ocio, Globiocio, Fit Natural Sport e Ícono Studio.

O prazo de presentación de solicitudes para esta segunda convocatoria iniciarase ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP e rematará o 10 de agosto ou no momento de esgotarse o crédito. De xeito excepcional admitiranse as solicitudes presentadas con anterioridade á apertura do prazo que non puideron atenderse na primeira convocatoria por esgotamento do crédito, tendo prioridade sobre as solicitudes futuras.

O Concello lembra que hai dúas posíbeis modalidades:

• No caso de familias nas que ambos os proxenitores estean a traballar ou teletraballando, ou o único no caso de familias monoparentais ou con custodia non compartida, a axuda poderá alcanzar un máximo do 50% do custo da contratación, cun límite máximo de 100 €/mes por participante, cunha axuda máxima total de 200 €. No caso de familias numerosas debidamente acreditadas, a axuda poderá alcanzar un máximo do 60% do custo do campamento, cun límite máximo global de 120 €/mes por participante e supoñendo unha axuda máxima total de 240 € por participante.

• Para o resto de familias a axuda poderá alcanzar un máximo do 50 € do custo da contratación, cun límite máximo de 50 €/mes por participante, ata un máximo de 60 participantes, cunha axuda máxima total de 100 €. No caso de familias numerosas debidamente acreditadas, a axuda poderá alcanzar un máximo do 60% do custo do campamento, cun límite máximo global de 60 €/mes por participante e supoñendo unha axuda máxima total de 120 € por participante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eurocopa”. Xulio Xiz

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...