En Ribeira licitada a renovación e actualización das infraestruturas de telecomunicacións na Casa do Concello

13 Xullo 2021

O Concello de Ribeira licitou unha nova actuación dirixida á renovación e actualización das infraestruturas de telecomunicacións no Consistorio. Esta actuación realízase “como resposta a un uso cada vez máis intensivo das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) polos servizos municipais e por parte da sociedade en xeral”.

A intervención, que se enmarca na Liña 12 da EDUSI Máis Ribeira Atlántica2020, conta cun orzamento base de licitación de 100.000 euros, IVE incluído, e está co-financiada nun 80% polos fondos FEDER dentro do Programa Operativo Plurirrexional de Europa (POPE) 2014-2020.

En liñas xerais, a execución recolle accións como a adecuación do Centro de Procesamento de Datos (CPD) ou Data Center existente, que se sitúa na Casa do Concello, co obxectivo de “mellorar a robustez, a fiabilidade e a seguridade do mesmo”; e a reestruturación e renovación do cableado do Consistorio, por medio dunha solución de cableado estruturado que partirá do CPD e que permitirá optimizar o largo de banda e a escalabilidade da rede, así como garantir a flexibilidade e a calidade na xestión. Tamén se contempla a subministración, instalación e cableado de cargadores USB e cargadores sen fíos para dispositivos móbiles nas columnas.

Por esta razón, as empresas interesadas dispoñen ata o 6 de xullo á media noite para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.