En Ribeira adxudicada a implantación de dous centros de compostaxe comunitarios e o subministro de composteiros domésticos

22 Xullo 2021

O Concello de Ribeira adxudicou de xeito provisional a implantación de dous centros de compostaxe comunitarios para o tratamento in situ de biorresiduos no casco urbano de Ribeira, e o subministro de 85 composteiros domésticos para tratamento deste tipo de lixo orgánico en vivendas.

A empresa que obtivo a mellor clasificación durante o proceso de contratación foi Narabeen Global Services, S.L., conforme a unha proposta de 38.499 euros, IVE incluído.

Este proxecto contempla a implantación de dúas áreas de Compostaxe Comunitaria nas zonas das Abesadas e O Touro que recibirán a fracción de residuos orgánicos dos domicilios nun radio de 500 metros, así como os residuos orgánicos procedentes do comercio de alimentación e hostalería máis próximos. Tamén se empregarán restos de rozas, podas e céspede, tanto das hortas e xardíns de propiedades particulares (vivenda individual ou colectiva con zonas verdes) como os procedentes dos parques e xardíns municipais,no radio de afección do centro de tratamento comunitario. Este material residual procedente de parques e xardíns empregarase “como material estruturante”.

No proxecto tamén se estipula que cada punto de compostaxe comprenderá 5 unidades modulares de compostaxe, un contedor de 3 metros cúbicos para restos de biomasa procedentes de parques e xardíns, unha caseta para almacenamento de apeiros, un acubillo para o almacenamento de material estruturante triturado e un punto de auga para rega e recollida de augas (coas súas respectivas conexións aos servizos públicos de abastecemento e saneamento).

O Centro de Compostaxe Comunitario ocupará unha superficie de 4 m por 8m cerrado mediante valado co fin de limitar os acceso aos usuarios adheridos ao proxecto. Tamén se prevé a dotación dunha biotrituradora-racheadora que será compartida polos 2 Centros de Compostaxe Comunitarios.

Por outra parte, tamén se contempla neste proxecto a implantación de 85 composteiros individuais naquelas vivendas, tanto do núcleo urbano como das parroquias, que dispoñan de terreo para a súa instalación.

A actuación está financiada ao abeiro da Orde do 5 de maio de 2020 (D.O.G. Núm, 92 do 13 de maio de 2020) sobre axudas en materia de residuos de competencia municipal co-financiadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020 segundo resolución ditada pola directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, por delegación da súa Conselleira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.