En Rianxo campaña de bonos para o comercio e transporte municipal

30 Xullo 2021

O pleno municipal de Rianxo aprobou por unanimidade a proposta do goberno municipal de destinar 25.500 euros do remanente positivo de tesourería a dotar de crédito extraordinario a dúas actuacións como son a dotación dunha campaña de bonos para incentivar o consumo local e o apoio ao transporte de autobuses municipal.

No que atinxe o primeiro dos obxectivos, para o fomento do consumo no comercio local, tras ver diferentes propostas doutros concellos e as dinámicas da súa xestión, prevese a emisión de bonos comercio. O orzamento previsto para estes bonos, refrendado onte, é de 15.000 €; a este importe hai que engadirlle outra contía estimada para os gastos de xestión relativos ás tarxetas moedeiro que manexará directamente a veciñanza. Atendendo ás convocatorias estudadas doutros concellos estímase nun máximo de 3000 euros para os gastos de xestión desta tarxeta moedeiro. A concellalía de comercio encargarase da súa implantación para o que contará coa implicación asociativa do comercio local na coordinación da campaña que se materializará na volta do verán.

O obxectivo desta medida é contribuír no posíbel á reactivación económica, fomentando o consumo en empresas de ámbito local, sempre contando co compromiso e colaboración da veciñanza de Rianxo, destinataria final deses bonos que permitirán bonificar a adquisición dos produtos nos locais e servizos que se sumen á campaña.

Igualmente para seguir a prestar o servizo de autobuses municipais mentres non se impulsa unha nova contratación do servizo que prevea a súa posíbel ampliación. destínanse até finais de ano 7.500 € en 5 mensualidades con destino ás actuais empresas locais analizadas os seus custes nun servizo deficitario.

Apoio á implantación do HADO en Rianxo

No apartado das mocións aprobouse por unanimidade a presentada por Rianxo en Común na demanda de que Rianxo sexa incorporado polo SERGAS ao Servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO). Trátase dun servizo que consiste en achegar coidados de rango hospitalario ao domicilio do doente de xeito efectivo e seguro, é dicir, substituíndo o hospital naqueles pacientes para quen, pola súa enfermidade ou evolución, o domicilio en réxime de hospitalización é a mellor opción asistencia.

O Goberno Municipal ven realizando neste senso diferentes actuacións reclamando en varias ocasións diante da Xerencia do Sergas de Santiago a incorporación efectiva a demanda de familiares de persoas que precisaban estes coidados especializados e moi valorados pola súa calidade. Segundo a estratexia plantexada polo propio ente para os anos 2019-2023 prevese a extensión a todo o país do HADO. Cremos que en Rianxo sería doado pois está a unha distancia en tempo asumíbel pola autovía e deixar de ser unha zona de sombra entre a zona sanitaria de Santiago e do Barbanza que fica sen atención.

PSOE e BNG tamén teñen presentado iniciativas parlamentares no Hórreo no apoio destas xustas demandas de Rianxo no que atinxe o HADO.

Pleno Rianxo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...