Comezan en Boiro as obras para o acondicionamento do depósito municipal de vehículos

08 Xullo 2021

O Concello de Boiro iniciou as obras para o acondicionamento do depósito municipal de vehículos. Estanse a facer nuns terreos en Espiñeira de 1.100 metros cadrados de superficie, preparándoos para dar o mellor servizo dentro do seu cometido. Esta actuación vaise levar a cabo con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña por un importe de 135.170,99 euros.

En concreto, os traballos diríxense a acondicionar un espazo pechado e pavimentado que terá capacidade para uns cincuenta vehículos e “dar así solución ao problema actual para o depósito de vehículos na vía pública”, explicou o Concello, engadindo que “as administracións locais teñen a obriga da custodia axeitada dos vehículos retirados mentres non se resolven os procedementos xudiciais e, na actualidade, non se dispoñía dun espazo acondicionado para este fin”.

Neste momento estase procedendo ao baleirado de vehículos para proceder ao nivelado do terreo e a instalación de rede de recollida de pluviais con separador de graxas para evitar verteduras na rede pública. Levarase a cabo o pavimentado do espazo e a instalación de alumeado público para “garantir as mellores condicións de seguridade na custodia dos vehículos depositados”.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.