A Pobra suspende todalas actividades polos casos da COVID-19. Bando da Alcaldía

13 Xullo 2021

BANDO DA ALCALDÍA

D. José Luis Piñeiro García, alcalde-presidente do Concello da Pobra do Caramiñal (A Coruña),

FAI SABER: Que o noso concello acadou no día de onte, luns 12 de xullo de 2021, os 24 casos diagnosticados de COVID-19 nos últimos 14 días, o cal significa unha incidencia acumulada de máis de 250 casos cada 100 000 habitantes. Este novo gromo que afecta ao noso concello e a outros da comarca, dentro dun contexto de crecemento xeral de casos en toda a comunidade autónoma, obriga a establecer de novo medidas extraordinarias de protección fronte á transmisión do virus.


As presentes medidas extraordinarias serán de aplicación a partir do día 13 de xullo de 2021 e permanecerán en vigor ata o 26 de xullo.
Estabelécense as seguintes MEDIDAS:
Primeira. Procédese á suspensión de todas as actividades previstas na programación cultural, festiva e turística do noso concello, nomeadamente as seguintes:
 As actuacións previstas na praza do Cantón da Leña os días 13, 15, 20 e 22.
 Os concertos que forman parte da programación do Sons da Vila previstos para os días 14, 15, 21, 22 e 23 de xullo.
 As festas do Carme do Castelo, incluíndo todas as actividades previstas na súa programación.
 Todas as actividades previstas na Semana do Mar, incluída a Feira Mariñeira, e coa excepción da viaxe pola Ruta Xacobea do Mar de Arousa, que dependerá da empresa que colabora co Concello e que será responsable da seguridade COVID-19 no caso de realizarse.
Segunda. Anúlanse os permisos para a realización de espectáculos musicais en establecementos privados que precisen de autorización por parte do Concello.
Terceira. O parque do Castelo, a praza Alcalde Segundo Durán, os Xardíns Valle-Inclán e as praias quedarán pechadas ao uso público desde as 0:00 horas ata as 6:00 horas. A Policía Municipal intensificará a vixilancia no control de aglomeracións e das actividades prohibidas relacionadas co consumo de bebidas alcohólicas.
Cuarta. Non se permitirá o uso das diferentes dependencias municipais para actividades extraordinarias de carácter privado. Si se autorizará o seu uso por parte de entidades asociativas que o veñan facendo de maneira regular, sempre dentro das medidas de prevención exixidas segundo o nivel de restrición no que se atope o concello.

Estabelécense todas estas medidas sen prexuízo doutras que se puideren tomar con posterioridade e de todas aquelas que ditaminaren as autoridades sanitarias, tanto no nivel autonómico coma no estatal.
O que fai público para xeral coñecemento e efectos.

A Pobra do Caramiñal, na data da sinatura dixital

O alcalde

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...