A axenda estival de Dodro inclúe homenaxes a Rosalía, música e xogos e contacontos

O verán de Dodro será novamente un verán participativo, creativo, saudábel e diverso, cun programa de actividades que conxuga axeitadamente a traballo dinamizador e cultural co seguridade sanitaria. A axenda collerá terá un dos seus grandes fitos o 24 de xullo, a partir das 16.00 horas no Agro das Silvas (Dodro), co acontecemento Inchadiña Branca Vela (Homenaxe a Rosalía de Castro). Organizado polo Departamento de Cultura, incluirá a recepción do desfile fluvial de dornas tradicionais dende Vilarello – Cordeiro (Valga) até o paseo do Espolón, en Padrón, “imitando a aquelas embarcacións que Rosalía plasmou e homenaxeou en Cantares Gallegos).

O día 21 de agosto celebrarase o espectáculo A eira do Paporrubio, con xogos de temática agraria, música e monicreques para público familiar. Inserida no programa da Rede Cultural da Deputación, desenvolverase en dúas quendas: de 11.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas. Será no Campo do Bosque (Dodro). Organiza o Departamento de Cultura.

O 25 de setembro está programado o Festival 2021 Concerto de Cas Berlai (Trío), tamén da Rede Cultural da Deputación. Será ás 22.00 horas en Manselle. Organiza Cultura de Dodro.

A axenda rematará o 29 de setembro con Aventuras dunha toupa arqueóloga, contacontos para público infantil e familiar (de 3 a 8 anos). Celebrarase ás 17.30 horas, na Casa da Cultura de Dodro.