Absolto pola Audiencia un ribeirense acusado de corrupción de menores por déficit intelectual e trastorno de personalidade

05 Xullo 2021


A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, tivo en conta a eximente completa de anomalía ou alteración psíquica para absolver a un veciño de Ribeira de delitos de corrupción de menores e exhibicionismo.

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, tivo en conta a eximente completa de anomalía ou alteración psíquica para absolver a un veciño de Ribeira de delitos de corrupción de menores e exhibicionismo. O tribunal impuxo ao acusado o seu internamento nun centro psiquiátrico ou outro centro adecuado para o tratamento da súa enfermidade por un período máximo de cinco anos e, durante o mesmo período, ordenou que se someta a un programa de asistencia psiquiátrica, psicolóxica ou educativa para tratamento da patoloxía que sofre. Ademais, prohibiulle, durante cinco anos, acudir a ciber locutorios ou a calquera outro local con conexión a internet ou wifi e decretou que se someta a calquera tipo de medida de control ou programa informático que impida que teña acceso a páxinas de contido sexual a través de internet ou outras redes similares.

A Audiencia considerou probado que o trastorno orgánico da personalidade que padece o sospeitoso, xunto co seu déficit intelectual, “anulaban a súa capacidade para percibir a realidade e frear os impulsos en relación cos feitos declarados probados”. O acusado, que foi incapacitado xudicialmente en 2007, ten “as súas capacidades volitivas e intelectivas totalmente anuladas en canto ao impulso sexual en relación con menores”, segundo consta na sentenza. Os maxistrados consideran probado que entre outubro e novembro de 2014 enviou desde a súa dirección de correo electrónico trece arquivos que contiñan vídeos e 32 fotografías de pornografía infantil a un usuario menor de 15 anos, co cal chegou a contactar visualmente a través de Skype e ensinoulle os seus xenitais. (A)

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...