“Volve a frota galega de bocarte”. Antón Luaces

01 Xuño 2021

Máis de medio cento de cerqueiros galegos -15 deles con base en Portosín- retornan hoxe ós seus respectivos portos procedentes de Santoña e Ondarroa, onde desembarcaron as súas capturas de bocarte que, sen chegar a ser excepcionais, polo menos sí resultaron gratificantes para a inmensa maioría dos desprazados ao Cantábrico. Estes días xa hai algúns barcos pequenos que, coa cacea, capturan bonitos en aguas de Galicia e os Azores.
Para algúns patróns galegos a campaña xa rematada foi das mellores dos últimos anos en cantidade, tamaño e prezo. En liñas xerais a anchoa abundou e, a diferenza dso ano pasado, por exemplo, a da campaña de  2021 tivo mellor tamañlo ca dos outros anos pasados e o prezo, se ser extraordinario, mantivo polo menos o interese dos pescadores: nunca baixou dun euro, cando en anos precedentes se cotizaba a só 40 céntimos. Un dos patróns de Portosín sinalaba en Santoña vai uns días que había bocarte dfo tamalo das sardiñas, após atopar fronte a Cantabria un gran banco de peixe do que se nutriton en boa medida as conserveiras que se gaban sempre da gran calidade dos seus elaborados. Este bocarte chegou a se cotizar a 9 euros o quilo, e os exemplares tan grandes que só “entraban” 23 nun quilo.Se ben é certo que a maioría dos cerqueiros galegos que optaron polas augas do Cantábrico para, cando menos, optar á campaña do bocarte, fixaron a súa base como é tradición no porto de Ondarroa (onde este ano desembarcaron 7.000 toneladas) bo número dos que este ano se foron, puxeron proa ao de Santoña. Nun e outro caso, as capturas realizadas permitirán, case que con toda seguridade, que tanto os armadores como os tripulantes poidan manter con certa tranquilidade este difícil ano coa vista posta na escasa cota de sardiña (da que quedan 2.600 toneladas) e algo de xurelo. Nos últimos días avistóuse sardiña en augas galegas e as ilusións céntranse agora nos tradicionais bós prezos que esta pesqueira acada nos mercados desta Comunidade Autónoma por mor das festas de San Xoán.​Para os barcos galegos ábrense asimesmo boas espectativas coa pesqueira do bonito, abundante e, ao parecer, tamén de bo tamaño. Pero a maior parte da frota boniteira -radicada no porto de Burela- non sairá de aquí ata a celebración das festas do Carme, patroa dos mariñeiros.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...