Ribeira porá en marcha un obradoiro de emprego xuvenil sobre pavimentado urbano

21 Xuño 2021

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, informou este 21 de xuño da resolución dos obradoiros de emprego de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Segundo fixo saber, mediante esta iniciativa a Xunta investirá na provincia da Coruña 2,5 millóns de euros para formar a 111 alumnos-traballadores en sete obradoiros nos concellos de Santiago de Compostela, Teo, Mancomunidade de Ordes, Rois, A Coruña, Arteixo e Ribeira.

Gonzalo Trenor este luns en Arteixo

Na comarca do Barbanza, Ribeira porá en marcha un obradoiro de Pavimento e albanelería de urbanización. En total formaranse a 16 alumnos, cun investimento de máis de 369.000 euros.

Cando se abra o proceso de selección para o próximo ano realizarase a través das oficinas de emprego. No caso dos obradoiros xuvenís, os participantes deberán tamén estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades que realicen estarán relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Primaranse a aqueles participantes que non recibiran atención anteriormente no programa de Garantía Xuvenil.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.