Rianxo elixido para ser sede da Campaña de Vela e Windsurf 2021,organizada pola Deputación da Coruña.

03 Xuño 2021

Rianxo foi un dos concellos elixidos para ser sede da Campaña de Vela e Windsurf 2021, organizada pola Deputación da Coruña.
Destinatarios
O curso de Vela desenvolverase do 9 ao 13 de agosto e vai dirixido a rapaces e rapazas empadroados na provincia nados entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2012 ambos inclusive, se ben terán prioridade os nenos e nenas empadroados no noso Concello,
tendo reservadas 8 prazas en cada curso.
Inscricións:
O pazo de inscrición está aberto e o prazo remata o 23 de xullo.
No Servizo de Deportes do Concello de Rianxo facilitarase a información e axudarase a cumprimentar a ficha, podendo entregarse na oficina ou mandala por correo electrónico. No caso de existir moitas solicitudes, realizarase un sorteo e o concello elaborará unha listaxe de reserva.
Documentación para formaliza-la inscrición:
• Ficha de inscrición debidamente cuberta, con foto e asinada polos pais ou titor do solicitante.
• Autorización do pai/nai/titor
• Fotocopia do DNI, ou do libro de familia.
• Copia de aboamento da cota de inscrición (logo de confirmada a praza por parte do
concello).
• No caso de tratamento médico ou doenza entregarase xustificante médico asinado polo
facultativo pertinente.
• No caso de ser de Rianxo, volante de empadroamento.
Prazas:
40 en total. 16 para empadroados no Concello de Rianxo.
• 20 na quenda de mañá. 8 para empadroados no concello
• 20 na quenda de tarde. 8 para empadroados no concello

Calendario e horarios:
Rianxo é a 6a quenda, do 9 ao 13 de agosto.
• Horario de mañá – Grupo A: 10 a 14 h.
• Horario de tarde – Grupo B: 16 a 20 h.
A incorporación e regreso dende as instalacións de celebración dos cursos correrá a cargo dos
participantes.
Información:
Servizo Municipal de Deportes: deportes@concelloderianxo.gal Telef: 661 247 136 – 981 86 63 81
Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña: 98106 06 44 (gabintete.deportes@dacoruna.gal)
Cota de inscrición
25 €, que se ingresarán na conta que determinará a Deputación da Coruña, facendo constar:
“CAMPAÑA DE VELA E WINDSURF 2021”, xunto co nome do participante.
A Deputación da Coruña informará puntualmente do número de conta a través da páxina web
www.dicoruna.es/deportes.
Indumentaria
Os nenos/as deberán traer zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo, mellor
se é impermeable.
Aconséllase que traian unha mochila con roupa para cambiarse ó finalizar a actividade.
A organización facilitará chaleco salvavidas para todos os participantes.
Actividades
No programa “CAMPAÑA DE VELA E WINDSURF 2021” participarás en moitas actividades
relacionadas coa navegación, entre as que podemos destacar:
• Iniciación aos conceptos teóricos da navegación a vela.
• Iniciación ó coñecemento básico dos nós mariños.
• Realización práctica de navegación a vela.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...