Os empresarios de Ribeira entregan os premios da súa Noite Aberta

15 Xuño 2021

Na mañá deste deste martes 15 de xuño, a Asociación de Empresarios de Ribeira procedeu a entregar os premios da pasada edición da Noite Aberta, unha actividade encamiñada a dinamizar a actividade comercial da cidade logo do duro revés dos prolongados meses de pandemia e restricións.

A Noite Aberta celebrouse os días 4 e 5 de xuño, con importantes descontos en máis de 30 establecementos.

As tres participantes agraciadas foron Juana Mª del Nacimiento, Natalia Lama e Mar Chouza. A súa fidelidade ao comercio de Ribeira foi recompensada cunha fin de semana nun balneario para dúas persoas. Unha das premiadas, ademais, gañou unha viaxe para dúas persoas nun catamarán con destino (a elixir) á ruta do mexillón, a Illa de Sálvora ou a Illa de Ons.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.