O Concello de Boiro loita contra a intolerancia cun novo paso de peóns LGTBIQ en Cabo

28 Xuño 2021

O Concello de Boiro, para conmemorar o Día Internacional do Orgullo, este luns 28 de xuño, realizou o pintado dun novo paso de peóns coas cores da bandeira LGTBIQ. O lugar escollido para realizar este paso simbólico é Cabo de Cruz, lugar no que, segundo lembra o Goberno local, “hai uns días un veciño do municipio sufriu unhas pintadas homófobas na súa casa por dar visibilidade aos dereitos deste colectivo”.

O Concello de Boiro mostrou a súa repulsa contra “calquera acto homófobo como o acontecido en Cabo de Cruz e rexeita todo tipo de conductas que vaian en contra da tolerancia, o respecto e a diversidade das persoas”. E engade o Concello: “Co pintado deste pazo de cebra, mostramos o noso compromiso por dar visibilidade aos dereitos deste colectivo e, dende a Concellería de Igualdade, trabállase por promover accións que axuden á educación en igualdade”.

O pintado deste paso de peóns en Cabo de Cruz complementa ao que no ano 2020 se pintou xa na praza do Concello e tamén os bancos diante do IES A Cachada que se pintaron coas cores da bandeira para mostrar o compromiso do Concello de Boiro coa diversidade e os dereitos individuais de ser e sentir.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

O Concello de Boiro mellora a contorna do Centro Social do Esteiro

O Concello de Boiro levou a cabo obras para a mellora do Centro Social do Esteiro co obxectivo de renovar este espazo público para uso e desfrute da veciñanza. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.