Bon III, Youkounkoun e Cámping Ría de Arosa triunfaron na Regata Frinsa. O Club Náutico de Riveira conmemora o vixésimo aniversario do Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey

19 Xuño 2021

Bon III en Regata, Youkounkoun en Cruceiro/Regata e Cámping Ría de Arousa en Cruceiro vencedores da Frinsa
O suroeste se alía con Riveira e regálalle un brillante día de regata cheo de amables ventolinas

Foto familia vencedores. remitidas

Un 230, é dicir, compoñente do suroeste, con 8 nós de media na intensidade, deixábase sentir esta mañá na
Ría de Arousa, establecido nas inmediacións do Club Náutico e Deportivo de Riveira que estaba de aniversario, o XX Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey, unha das grandes citas velísticas de tempada do club barbancés e á que Frinsa púxolle o seu nome.
Cunha trintena de veleiros en liña de saída, pasados uns minutos da 14.00 hora, o Comité daba a saída á edición de 2021 da emblemática regata, con tres categorías en liza: Regata, Cruceiro-Regata e Cruceiro, tendo por diante un percorrido costeiro máis longo para os primeiros, e algo máis curto para os segundos, de tal maneira que os Regata
trazaban un rumbo entre a Saída, Boia de Desmarque, Boia Baixo Esqueiro (por Babor), Faro Pedra Seca (Estribor), Boia Baixo Ter (Babor), Boia Sinal do Maño (Estribor), Baliza Amarela en Praia Coroso (Babor), Isla de Rúa (Babor) e Chegada, con 17 millas (algo máis de 31 km); sendo para os Cruceiro-Regata e Cruceiro con Saída, Boia de Desmarque, Boia
Baixo Esqueiros (Babor), Faro Pedra Seca (Estribor), Boia Baixo Ter (Babor), Boia Sinal do Maño (Estribor) e Chegada, cunhas 11 millas náuticas (algo máis de 20 km).
Con esta premisa, na categoría Regata fíxose coa Frinsa o Bon III, de Víctor Carrión, do Club Náutico Beluso. A segunda praza era para o Moucho, de Daniel Ayaso, do club anfitrión, o Náutico de Riveira, adxudicándose a terceira praza o Corsario, de Javier Durán, do Club de Iates de Vilagarcía, sendo o barco máis rápido de toda a frota, con 2 h
34´59” en tempo real.

Na Clase Cruceiro/Regata facíase co posto dourado o Youkounkoun III, de Adolfo Castro, do Club Náutico de Portonovo, sendo segundo o Ziralla Primeiro, de Ramón Barreiro, do Ro Yacht Club, indo a mans de Paula Freire, patroa do Monterrei, do Real Club Náutico Portosín o terceiro premio do podio.
Na División dos Cruceiro adxudicábase a Regata Presidente Ramiro Carregal Rey, o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, que defende a grímpola do Ro Yacht Club. Segundo era o Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, do Club Náutico de Vilagarcía. E terceiro o Arousa VI, de José Luís Torres Colomer, do Club Náutico e Deportivo de Riveira.
A entrega de premios celebrouse ás sete da tarde nas instalacións do Naútico de Riveira, un acto presidido por Ramiro
Carregal Rey ao que acompañaban o presidente da entidade deportiva, José Luís Torres Colomer; o Alcalde de Riveira, Manuel Ruiz; o Capitán Marítimo de Villagarcía, Manuel Martínez; a Primeira Tenente de Alcalde de Ribeira, María José Fontao; o Tesoureiro do Club, Xusto Arevalillo; e a presidenta das Amas de Casa de Riveira, Puri Cores.

Flota pasando por diante de Ribeira

Outros artigos

Ambar organizou unhas Xornadas de Formación Xurídica

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, con sede principal en Frións (Ribeira) organizou unhas Xornadas deFormación Xurídica abertas á comunidade, ás que tamén asistiron familiares de persoas usuarias do centro e profesionais de Ambar. A actividade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Peridis en Redondela”. Alberto Barciela

“Intentar definir el humorismo, es como pretender atravesar una mariposa, usando a manera de alfiler un poste telegráfico”. Así lo decía Enrique Jardiel Poncela, dramaturgo y novelista español, que a veces sabía muy bien lo que no quería saber. Es, diría yo, como...

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

“Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia” – Manuel Domínguez

Bamos llendo acia- Vamos yendo hacia. Hoy en día no hay razón ninguna, en absoluto para escribir de esta forma tan cruel, que hiere los ojos. Todos los bares tienen prensa gratuita, al momento de tomar un café, cuando se leen las noticias deportivas, prestar un poco...