O BNG de Ribeira propón crear un bono co que mobilizar 330.000€ en comercio e hostalaría

24 Xuño 2021

O BNG de Ribeira reuníronse este luns 21 de xuño cos representantes da Asociación de Empresarios, co fin de avaliar diferentes recursos que poñer en xogo para acelerar a recuperación dos sectores económicos máis afectados pola COVID-19. O BNG puxo enriba da mes a seguinte proposta: crear un bono co que mobilizar 330.000 euros en comercio e hostalería.

Na xuntanza estiveron por parte da asociación, o seu presidente, Francisco Martínez e os membros da directiva Lola Guirado e Juan Martínez, por parte do BNG estivo o seu voceiro, Xosé Vázquez e os nacionalistas Luís Pérez e Vicente Paz.

O concelleiro Pérez Barral debullou os detalles do dito bono para o comercio-hostalaría “mediante o que mobilizar máis de 330.000€ de impacto económico directo ao que lle habería que sumar o indirecto cun efecto multiplicador”. Amais, sinalou que, “tras falar cos servizos económicos municipais”, a agrupación proporá que “o Concello destine un mínimo de 200.000€ a crear bonos de 30€ cos que beneficiar a 6.600 persoas e estas achegarían 20€”.

Desde o BNG queren que o bono se habilite en setembro para facelo coincidir coa volta ao cole e coas festas patronais da localidade: “De aprobarse esta proposta estariamos xerando un forte impacto económico no comercio e hostalaría de Ribeira, axudariamos a moitas familias cos gastos da volta ao colexio e contribuiríase a que esas compras se fagan na localidade” argumentou Barral.

O voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, trasladou á directiva da asociación “que o Bloque segue apostando por aumentar as zonas de tránsito peonil e preferencia para as persoas porque supoñen beneficios sociais e económicos contrastados mais insistirán na necesidade de aumentar e manter en bo estado os estacionamentos gratuítos de Ribeira”.

En relación co aparcadoiro do Centenario, Vázquez mostrouse crítico coa “política privatizadora” do Goberno local que, na súa opinión, “provocou un encarecemento nos prezos e un caos na xestión”. O voceiro nacionalista remarcou que defenderá a xestión pública do Centenario para “poder poñelo a disposición da veciñanza con tarifas reducidas e bonificacións para aquelas persoas que merquen no comercio local”. E engadiu: “Esta medida sería positiva para o comercio local e tamén se aumentaría o número de estacionamentos públicos, algo moi necesario a día de hoxe”.

Sobre a circunvalación, Vázquez, lamentou que “se incumpriu de maneira flagrante o acordo plenario que só estudou dúas alternativas –a da Xunta e a proposta polo arquitecto rianxeiro- pero non a proposta polo BNG que sería a de mellorar a estrada de Frións suavizando curvas e incorporando carrís de adiantamento”. Esta opción, dixo, “sería máis económica, non afectaría a vivendas e tamén daría servizo a parroquias como Carreira, Aguiño e Castiñeiras”.

Outros artigos

Este domingo 23 celébrase a VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira

Este xoves 20 de marzo presentáronse os detalles da VII Bandeira de Bateis Concello de Ribeira, que se celebra este domingo 23. Participaron na cita cos medios o rexedor ribeirán, Luís Pérez Barral, o tenente de alcalde, Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde,...

+

Este sábado A Pobra acolle a manifestación contra Altri

Este sábado, 22 de marzo de 2025, levará a cabo na Pobra do Caramiñal unha manifestación por terra e mar en protesta contra o proxecto de instalación dunha planta de celulosa por parte da multinacional portuguesa Altri en Palas de Rei (Lugo) e a posible reapertura da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

“Un año más en mi vida” – Manuel Domínguez

Una mente ignara, retrograda y obsoleta podría decir, eres un año más viejo. Pues no, soy muchos años más joven. He tenido que recuperar cuentos de la infancia, he tenido que volver practicar la pintura, que bien manejaba en mi juventud, he tenido que recuperar juegos...