Iniciadas as tarefas de roce en todos os núcleos de Boiro

25 Xuño 2021

O Concello de Boiro vén de comezar as tarefas de roce que cada ano se realizan previas á época estival. Os traballos iniciáronse a principios da semana pasada e levaranse a cabo en tódolos núcleos do termo municipal.

As actuacións estanse a realizar prioritariamente naqueles lugares onde poden supoñer un perigo por motivos de visibilidade tanto de condutores como de peóns, ou para a prevención de incendios, e iranse realizando de xeito progresivo nos vindeiros días.

Os traballos nestas vías, pistas e camiños municipais realízanse de xeito mecánico e manual para adaptarse ás necesidades propias de cada espazo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...