En Ribeira, aberto o prazo de presentación de solicitudes para os Bonos Concilia Verán

01 Xuño 2021

A partir de mañá mércores 2 de xuño e ata o 10 de agosto (ou ata que se esgote o crédito orzamentario destinado para esta finalidade) ábrese o prazo de presentación de solicitudes para o Bono Concilia CampaRibeira Verán 2021, segundo informou o Concello de Ribeira, que confirma que estas axudas están destinadas a familias con nenos e nenas de tres a doce anos que teñan a súa residencia no municipio para “a súa participación e asistencia en campamentos de conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de xullo e agosto do 2021 organizados por empresas e autónomos con domicilio social no concello”.

A concelleira María Sanpedro presentando a iniciativa de conciliación

Poderán ser beneficiarias das axudas os/as pais/nais/titores ou aquelas persoas que teñan en situación de acollemento familiar ou garda preadoptiva a nenos e nenas de tres a doce anos de idade nacidos con posterioridade ao 31 de agosto de 2008 e empadroados no municipio de Ribeira.

O Concello de Ribeira dispón dun orzamento total de vinte mil euros (20.000,00 €) para destinar a esta convocatoria.

Establécense dúas modalidades:

• No caso de familias nas que ambos os proxenitores estean a traballar ou teletraballando, ou o único no caso de familias monoparentais ou con custodia non compartida, a axuda poderá alcanzar un máximo do 50% do custo da contratación, cun límite máximo de 100 €/mes por participante, cunha axuda máxima total de 200 €. No caso de familias numerosas debidamente acreditadas, a axuda poderá alcanzar un máximo do 60% do custo do campamento, cun límite máximo global de 120 €/mes por participante e supoñendo unha axuda máxima total de 240 € por participante.

• Para o resto de familias a axuda poderá alcanzar un máximo do 50 € do custo da contratación, cun límite máximo de 50 €/mes por participante, ata un máximo de 60 participantes, cunha axuda máxima total de 100 €. No caso de familias numerosas debidamente acreditadas, a axuda poderá alcanzar un máximo do 60% do custo do campamento, cun límite máximo global de 60 €/mes por participante e supoñendo unha axuda máxima total de 120 € por participante.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello (Praza do Concello, s/n) ou por calquera do vos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, que estean habilitados.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...