Dodro Sostible impulsou obradoiros, plantacións e observacións da natureza para celebrar o Día do Medio Ambiente e o Día dos Océanos

09 Xuño 2021

O programa Dodro Sostible, impulsado polo Concello para favorecer a divulgación ambiental e conseguir un territorio máis respectuoso e aliñado coa conservación do medio natural, é estes días un fervedoiro de actividades.

Por exemplo a actividade Recicla e protexe os océanos, organizada ao abeiro do Día Mundial dos Océanos, que se celebrou este 8 de xuño e, tamén, os días anteriores e posteriores á data en si mesma de celebración.

Segundo fixo saber o Concello, a actividade impulsou a creatividade da rapazada local, que achegou unha chea de traballos artísticos feitos con material de refugallo, reciclado. En concreto, o CRA de Dodro colaborou enviando unha composición de cada colexio na que os nenos puxeron o mellor do seu máis que relevante talento.

Ademais, con motivo do Día Mundial de Medio Ambiente (o pasado sábado), celebrouse o venres 4 de xuño unha xeira de plantación de árbores na que os protagonistas, ademais das propias especies vexetais plantadas, foron as nenas e nenos dos colexios do CRA de Dodro, que encheron as mans de terra e achegaron unha importante contribución ao futuro dos bosques.

A xeira medioambiental da pasada finde terá continuidade o vindeiro 19 de xuño, cunha observación de invertebrados.

Outros artigos

O Consello de Contas outorga unha nota alta a Dodro

O pleno de setembro en Dodro aprobou distintos asuntos de importancia como convenios de colaboración cos concellos veciños, o POS adicional 2 da Deputación ou o informe fiscalizador do Consello de Contas. O Consello de Contas, na reunión do pasado 29 de xullo, emitiu...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.