O proxecto Batefogo avanza en Dodro coas primeiras xuntanzas de traballo fronte aos incendios

10 Outubro 2026

O proxecto Batefogo avanza en Dodro na procura dunha prevención de incendios da que a veciñanza sexa parte. A primeira reunión tivo lugar o pasado día 8 en Teaio e a vindeira será en Pexegueiro, ás 20:00 horas.

O proxecto Batefoto busca poñer en marcha unha iniciativa de intervención social que compaxine eficazmente a prevención e a autoprotección fronte aos lumes. Un xeito de dinamizar económica e socialmente o medio rural.

Despois dunha primeira fase de diagnóstico, coa realización de entrevistas a diferentes axentes clave do territorio, o proxecto Batefogo entra nunha nova etapa coa posta en marcha do proceso participativo.

O obxectivo é “a elaboración de plans de autoprotección fronte aos incendios forestais nas aldeas de Teaio e Pexegueiro, en Dodro; dous núcleos rurais que foron identificados como especialmente vulnerábeis”, informou o Concello.

Nas xuntanzas presentase a diagnose inicial e o mapa preliminar de riscos. A continuación debatese coas persoas participantes sobre o axustado da diagnose, os riscos identificados, e as necesidades e recursos existentes en cada aldea.

O obxectivo é que os plans de autoprotección se constrúan desde o propio territorio e incorporen os coñecementos, experiencias e propostas das persoas que viven nel. Trátase de “avanzar na capacidade das comunidades para prepararse, prevención, e actuar, acción, ante unha posíbel emerxencia, reducindo a vulnerabilidade da veciñanza, das vivendas e do territorio”.

O Concello engade que “a autoprotección adquire unha especial relevancia nas zonas rurais e nos núcleos situados na chamada interface urbano-forestal, onde as vivendas e outras edificacións se atopan próximas ou rodeadas de vexetación e, polo tanto, presentan unha maior exposición ante un incendio forestal”.

Prevención e participación fronte á problemática dos incendios

Os incendios forestais constitúen unha problemática complexa en Galicia, con importantes consecuencias ambientais, económicas e sociais. “Ademais da superficie forestal e do patrimonio afectados directamente polo lume, os incendios poden provocar perda de solo, impactos sobre os ecosistemas fluviais, morte e desprazamento dos animais, efectos na saúde física e psicolóxica das persoas”, sinalan os responsábeis de Batefogo, que “aposta por reforzar a prevención e a autoprotección desde a participación cidadá, incorporando tamén unha mirada a medio e longo prazo sobre a xestión do territorio e as actividades económicas e sociais no medio rural”.

O proxecto busca así combinar a prevención dos incendios, a autoprotección e a dinamización social e económica do rural, promovendo comunidades máis preparadas e implicadas na prevención dos riscos.

Desde Batefogo anímase á veciñanza a participar nestas primeiras xuntanzas e a achegar os seus coñecementos e experiencias para contribuír á elaboración dos plans de autoprotección das súas aldeas.

O proxecto Batefogo conta co financiamento da Deputación da Coruña, no marco do programa de Subvencións a entidades sen fin de lucro para o cofinanciamento de proxectos de actividades no ámbito do medio ambiente durante o ano 2026 e coa colaboración dos Concellos de Dodro e Padrón, así como todas as comunidades de montes en ambos concellos; en Dodro: Cruz De Avelán e Balouta e Fontecoba.

Para máis información: 698 161 760 ou a conta proxectobatefogo@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La irresponsabilidad” – Manuel Domínguez

“La irresponsabilidad” – Manuel Domínguez

La irresponsabilidad, no se aplaude. La historia de Xan y Pirican. Ambos fueron a la escuela, ambos a la universidad. Xan pronto se enamoró, y años siempre con su mismo amor, Pirican era un picaflor, presumía de ser como la historia del viejo marino, un amor en cada...

“Xosé Manuel Beiras xa é do mundo de todos” – Antón Luaces

“Xosé Manuel Beiras xa é do mundo de todos” – Antón Luaces

Despedíase o decenio dos 60 do século pasado cando coñecín persoalmente a Xosé Manuel Beiras, con quen -anos máis tarde e especialmente no Parlamento de Galicia- mantiven estreita conexión.  O contacto entre ambos os dous comezou coa xeira de conferencias que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.