Boiro acollerá sorteos para fomentar a cultura local, a historia, o turismo, o deporte e o comercio

02 Xuño 2021

O Concello de Boiro organiza unha serie de sorteos para fomentar a cultura local, a historia, o turismo, o deporte, o comercio e a elaboración de produtos locais. Isto levarase a cabo a través do Facebook e Instagram de Boiro Turismo.

Nesta primeira quenda, os sorteos estarán formados por pezas de artesanía local para a súa promoción, para o que se conta coa colaboración de Artesanía de Galicia. Facendo un repaso, en Boiro hai catro obradoiros adheridos á marca Artesanía de Galicia. Polo tanto, vaise facer un sorteo para cada un deles. O primeiro premio será un xogo de botellas decorativas de vidro reciclado de Tejeluz, mentres que outro dos premios será unha boneca de Wooding. Tamén sortearase un arranxo de guitarra ou baixo de Guitarras Vieites e un sancosmeiro de José Luis García Pérez.

En xeral, poderán participar todas as persoas físicas, maiores de 18 anos, que sexan seguidoras das páxinas Turismo de Boiro e Artesanía de Galicia, ademais das dos artesáns locais que sortean os produtos. As bases de participación están a disposición dos interesados na web municipal.

Outros artigos

A marca Dior contrata á deseñadora boirense María Alborés

Un dos deseños de María Alborés Mesturar o luxo da marca Dior co arrecendo a mar de calquera porto de Boiro é xa unha realidade. E detrás desa confluencia case imposíbel convertida agora en realidade atopamos a unha moza galega de 28 anos que se chama María Alborés...

+

Nace o Club de Produto Enogastronómico Barbanza Arousa

A Mancomunidade Barbanza Arousa (formada por A Pobra, Rianxo, Ribeira e Boiro) botou a andar esta tempada o seu Club de Produto Enogastronómico, unha ferramenta de cooperación público-privada que nace co fin de contribuír á consolidación de Barbanza Arousa como...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.