The Lákazans, Guadi Galego, Sonia Lebedinsky e Broken Peach, nas Festas de Boiro

23 Xuño 2021

O Concello de Boiro, a través da Concellería de Cultura, organiza para este 2021 unha programación especial con motivo das Festas do Verán, con espectáculos para todas as idades e gustos e adaptada á normativa vixente para o control da situación epidemiolóxica. A axenda das Festas do Verán comeza o venres día 2 de xuño e vaise prolongar ata o mércores día 7. Haberá propostas durante o día (comezando coas alboradas) e durante e noite, incluíndo sesións vermú, todos os días, ás 12.00 horas con grupos locais.

O grupo local The Lákazans, con Fran Velo (Heredeiros da Crus) á fronte

Tamén pola mañá haberá programación infantil no Parque da Cachada, con espectáculos e representacións teatrais para os máis pequenos. Respecto dos concertos, contarase coa banda local The Lákazans, as cantantes Guadi Galego e Sonia Lebedinsky e a banda viguesa Broken Peach, entre outras moitas agrupacións e solistas.

A programación nocturna divídese en dúas localizacións, unha na praza da Terceira Idade, detrás do Centro Social de Boiro, e outra na praza de Galicia e nas dous haberá programación destinada a públicos diferenciados.

Os espectáculos son todos gratuítos e para asistir é precisa a reserva previa de entrada, que se poderá facer a partir deste xoves 24 de xuño ás 10.00 horas a través dos formularios web dispoñíbeis en www.boiro.gal.

A cantante Guadi Galego achegará unha das grandes actuacións nas festas de Boiro

A Concellería de Cultura fai saber que “a capacidade para todas as actuacións é limitada”, xa “que todas se van a realizar co publico sentado, lugares asignados previamente e control de acceso”. Amais, “o uso de máscara de protección será obrigatorio en todo momento”.

A banda viguesa Broken Peach forma parte do cartel

Ademais destes espectáculos, o sábado celebrarase o pregón das festas, que este ano está adicado ás mulleres que coidan e serán elas as encargadas de dar inicio ás festas de Boiro deste 2021. O domingo, ás 00.00 horas realizarase en Barraña a gran tirada de fogos artificiais.

De xeito complementario á programación cultural, o Concello edita este ano unha nova edición de Folía, a revista que cada ano se publica con motivo das Festas do Verán e que, ademais do programa de celebracións recolle testemuñas das protagonistas deste ano, as mulleres que coidan, textos de persoeiros locais e imaxes das festas.

Un ano máis a revista está editada de xeito íntegro polo Concello de Boiro e inclúense os anuncios de comercios e empresas do municipio que cada ano colaboran coas festas do verán, sendo o patrocinio totalmente gratuíto como mostra de agradecemento ao grande esforzo que realizaron no último ano de pandemia.

Programa completo

Venres 2 de xullo

20.00 horas – Salvas dando comezo ao inicio das Festas do Verán 2021

22.30 horas – Praza da Terceira Idade (Centro Social de Boiro)

Concerto Rap cos artistas do colectivo A Costa Nosa (Borja Treus, Kevin Dominguez, Adrián Outeiral, Lois Cespón e Xacobe Galbán)

22.30 horas – Praza do Concello

Boiro Emerxe con The Lákazans + Sonia Lebedynski + Paula Agoraphobia + Dolo e Pablo de Cachas and Cousins

Sábado 3 de xullo

10.00 horas – Alborada co grupo de gaitas Os pequenos do Barbansa

12.00 horas – Sesión vermú con Batucada Latexo

12.00 horas – Parque da Cachada

Teatro familiar con O Pallaso Fredy

22.15 horas – Praza de Galicia (diante do Concello)

Pregón das festas a cargo das mulleres coidadoras, homenaxeadas nas festas 2021

22.30 horas – Praza da Terceira Idade (Centro Social de Boiro)

Copa Turbo + artista convidada en colaboración don DaRíaLuv

22.30 horas – Praza de Galicia

Verbena con Gallaecia Big Band “As cancións da nosa vida”

Domingo 4 de xullo

10.00 horas – alborada co grupo de gaitas Arume

12.00 horas – Sesión vermú con Nunca é Tarde

12.00 horas – Parque da Cachada

Teatro familiar con O Mago Teto

21.30 horas – Praza da Terceira Idade (Centro Social de Boiro)

Espectáculo de baile tradicional con Aroña

22.30 horas – Praza de Galicia

Guadi Galego

24.00 horas – gran tirada de fogos de artificio na praia de Barraña

Luns 5 de xullo

10.00 horas – Alboradas co grupo de gaitas Arume

12.00 horas – Sesión vermú con As da Boina

12.00 horas – Parque da Cachada

Teatro familiar con Teatro ao Cubo

21.30 horas – Praza da Terceira Idade (Centro Social de Boiro)

Noite coas Muchachas

22.30 hora – Praza de Galicia

Compañía de danza Fran Sieira co espectáculo “Entre os Soños”

Martes 6 de xullo

10.00 horas – Alborada con Arume

12.00 horas – Sesión vermñu con Adorniña de Abanqueiro

12.00 horas – Parque da Cachada

Teatro familiar con Aimar & Cía

21.30 horas – Praza da Terceira Idade (Centro Social de Boiro)

Espectáculo de baile tradicional con Abeloura

22.30 horas – Praza de Galicia

Verbena con Broken Peach

Mércores 7 de xullo

10.00 horas – Alborada co grupo de gaitas Arume

12.00 horas – Sesión vermú coa charanga Vai de Baile

12.00 horas – Parque da Cachada

Teatro familiar con Sempre Arriba

21.00 horas – Praia de Barraña

Teatro infantil con Opera Breaks (espectáculo dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña)

21.30 horas – Praza da Terceira Idade (Centro Social de Boiro)

Espectáculo de baile tradicional galego con Xilbarbeira

22.30 horas – Praza de Galicia

Verbena coa orquestra Marbella

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.