A Xunta e Amicos celebran o Día Mundial dos Océanos no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas

08 Xuño 2021

A delegada territorial da Xunta de Galicia, Marta Fernández-Tapias, acompañou hoxe aos integrantes de Amicos ata as Illas Cíes con motivo do Día Mundial do Océanos nunha actividade que serviu ademais como colofón final do proxecto RE-MAR, impulsado por esta asociación xunto co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia en condición de socio.

Unha iniciativa que se centra na redución de residuos mariños a través da súa recollida e tratamento, todo iso sen deixar de prestar atención ás actuacións de prevención da súa xeración.

Tal e como explicou a delegada, o proxecto RE-MAR pretende favorecer a sustentabilidade, a innovación, a colaboración cidadá e a inclusión en materia de custodia ambiental en espazos protexidos, con accións formativas dirixidas a mozos con discapacidade funcional e intelectual. Deste modo, a través do curso Formador de formadores sobre boas prácticas na prevención, recollida, clasificación e valorización de residuos mariños, os mozos adquiren o coñecemento necesario para actuar como guías ambientais nas diferentes actividades do proxecto.

Asemade, conta cunha serie de obxectivos específicos dentro do ámbito de influencia do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia como o son contribuír á sensibilización ambiental, Especialmente no relativo aos residuos mariños, entre a poboación local; mellorar a xestión dos residuos, xerados e recolleitos polo sector pesqueiro de baixura e pequenas embarcacións recreativas; e previr a xeración deste tipo de residuos, a través de intervencións formativas en núcleos de poboación costeiros das Rías Baixas.

O lema do Día Mundial dos Océanos 2021 é O océano: vida e medio de subsistencia, un tema profundamente relacionado cos desafíos para lograr o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentábel 14: Conservar e utilizar de forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños.

O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia como espazo protexido con superficie mariña está sempre implicado na conservación dos océanos e na divulgación da importancia dos ecosistemas mariños.

Neste sentido, o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia vén de colaborar en diferentes actuacións do proxecto Icono, que promove a cultura mariña e o coñecemento do océanos. Entre estas actuacións, acaba de ver a luz a publicación “Siete cosas sobre el océanos que deberías coñecer”, na que sete entidades, entre elas o Parque Nacional dan a coñecer os sete principios da cultura oceánica, unha iniciativa internacional que pretende contribuír a aumentar o coñecemento e a comprensión das interrelacións entre os océanos e as persoas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...