Ribeira proposta ó pleno para desafectar a fachada marítima e a contorna do porto de Aguiño

29 Maio 2021
default

Entre as propostas que serán sometidas o vindeiro luns 31 á consideración do pleno da Corporación Municipal de Ribeira figura a solicitude de desafectación dunhas serie de viais e superficies dependentes doutras Administración: en concreto, da Deputación, da Xunta e do ente autónomo Portos de Galicia.
Así, 7.381 metros lineais correspóndense con vías nas que o Goberno do Concello ten interese nesta solicitude, tanto para contar con plena marxe e manobra na súa conservación e na mellorara da seguridade viaria ademais de, chegado o momento, poder levar a cabo diversos plans.
Entre as infraestruturas viarias dependentes da Deputación das que se pretende a súa desafectación se inclúen 1.141 metros da DP- 7308 dende o porto ribeirense ata o lugar de Martín (rúa Romero Ortiz), 485 metros da DP-7307 de Ribeira a Aguiño por Castiñeiras, 525 metros da DP-7306 de Aguiño a Ribeira pola Graña e 1.200 metros da DP-7305 de Ribeira a Aguiño por Carreira.
Polo que se refire á vías dependentes da Xunta, solicitarase 1.300 metros da AC-550 correspondentes coa avenida de Ferrol e outros 2.730 metros tamén da AC-550 que se sitúan en Corrubedo: dente Teira ata o faro.Por outra parte, tamén proporase dúas vellas demandas das que as conversacións con Portos xa están moi avanzadas. En concreto, a
desafectación da fachada marítima da cidade ribeirense (55.384,50 metros cadrados entre o Malecón e as Carolinas) e a contorna do porto de Aguiño 11.470 metros cadrados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.