Ribeira presenta 342 alegacións ao plan do Estado para identificar áreas sen banda larga suficiente

O Concello de Ribeira vén de anunciar a presentación dun total de 342 alegacións á consulta pública do Goberno do Estado sobre zonas sen banda larga ou insuficiente de telecomunicacións, logo da consulta á cidadanía.

Ana Barreiro, concelleira de concelleira de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia

A iniciativa recolleu alegacións por parte de habitantes de todas as parroquias do termo municipal, sendo Aguiño (80), Ribeira (76) e Carreira (56) as parroquias que máis rexistraron. Palmeira (38), Castiñeiras (36) e Artes (29) tamén tiveron unha importante participación. As zonas que menos alegacións presentaron foron Corrubedo (14), Oleiros (9) e Olveira (4).

Deste xeito, o Executivo estatal, usando a información facilitada polos operadores, realizou unha listaxe preliminar de zonas, brancas ou grises (con menor cobertura), e abriu de prazo ata o 29 de maio para que os interesados formulases as súas observacións. Así, dende a Concellería de Administración e Innovación de Ribeira pretenden formar parte do Plan de Colectividade e Infraestruturas Dixitais, que ten unha dotación de 2.320 millóns de euros.