Os socialistas piden á Xunta a construción dunha residencia pública de maiores en Boiro

21 Maio 2021

A deputada socialista Noa Díaz vén de pedir á Xunta a construción dunha residencia pública de maiores en Boiro. Fíxoo este 21 de maio no Parlamento, a través da presentación dunha batería de iniciativas, logo de que o secretario xeral e voceiro do PSdeG, Gonzalo Caballero, se comprometese, hai uns días, a levalo á Cámara galega tras unha xuntanza co alcalde do municipio, José Ramón Romero.

A deputada Noa Díaz

“Boiro carece de servizos públicos de atención integral e continuada para as persoas maiores cando vén sendo unha necesidade cada vez maior para a súa veciñanza, tendo en conta un 22% dos seus preto de 19.000 habitantes son maiores de 64 anos”, comentou Díaz, engadindo que “a demanda desta infraestrutura está avalada por unha plataforma veciñal que ten recollidas preto de 3.000 sinaturas e tamén polo Concello de Boiro que pon a disposición da Consellería de Política Social uns terreos urbanos do plan parcial de Barraña e mesmo o proxecto”.

Gonzalo Caballero nunha xuntanza recente co rexedor de Boiro, José Ramón Romero

E aclarou: “É fundamental que a veciñanza de Boiro conte cunha residencia de maiores pública, que evite o éxodo dos seus habitantes cara a outros núcleos de poboación que dispoñen deste tipo de recursos con prazas libres, normalmente de carácter privado e cuns prezos que non se poden asumir”.

Ademais, Díaz engadiu que “hai que ter en conta que a familia e contorna da persoa que ingresa nunha residencia fóra do seu núcleo terá dificultades engadidas para visitar e manter contacto habitual con ela”, polo que esta infraestrutura é “moi necesaria” para “contribuír a mellora as condicións de vida das persoas maiores do municipio e das súas familias” ao tempo que “afianza poboación” no municipio.

Outros artigos

Deputadas nacionais do Psoe visitan AMICOS en Boiro

Ás representantes políticas no Congreso acompañáronas o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus Paula Mª Fernández e María Montserrat García visitaron a tarde deste martes, 14 de maio, as instalacións do Centro de Atención...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...