As altas presións dos Azores entrarán durante esta xornada en Galicia achegando estabilidade. Deste xeito amenceremos con intervalos de nubes baixas e néboas que tenderán a desaparecer para quedar os ceos despexados a partir do mediodía. As temperaturas mínimas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas continuarán sen cambios ou en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte e aumentando en intensidade pola tarde nas Rías Baixas.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e á noite e marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 03:57 | 1.3 m |
| Preamar | 10:18 | 2.7 m |
| Baixamar | 16:11 | 1.5 m |
| Preamar | 22:40 | 2.9 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 03:51 | 1.4 m |
| Preamar | 10:10 | 2.7 m |
| Baixamar | 16:05 | 1.5 m |
| Preamar | 22:32 | 2.9 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 03:54 | 1.3 m |
| Preamar | 10:14 | 2.7 m |
| Baixamar | 16:09 | 1.5 m |
| Preamar | 22:37 | 2.9 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)



