O gromo de COVID-19 do pesqueiro de Aguiño duplica a cifra de contaxios en Ribeira

03 Maio 2021

Este domingo saltaron alarmas no porto de Ribeira ao detectarse un gromo de COVID-19 nun pesqueiro con base en Aguiño que vén de regresar da costeira da anchoa e que tería afectado a oito tripulantes do buque. Como resultado, duplicouse a cifra de contaxios en Ribeira (que pasou, debido tamén a outros contaxios por contactos con positivos, de 12 a 25). Estes e outros datos foron confirmados este domingo polo SERGAS.

Os mariñeiros, que presentan síntomas de febre alta, atópanse neste intre illados. O SERGAS confía en que o virus fique limitado grazas ás disposicións sanitarias que se están a tomar e sempre e cando os tripulantes afectados velen polas medidas de corentena establecidas. Porén, segundo confirmou El Diario de Arousa, un dos mariñeiros que deu positivo, de 34 anos, atópase en estado moi grave na unidade de críticos do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.