O Concello de Boiro e JEALSA traballan conxuntamente para fomentar a formación e o emprego

21 Maio 2021

O Concello de Boiro leva tempo buscando potenciar a formación para o emprego a través do Programa Integrado de Emprego 2020-2021, ao que se une a conserveira JEALSA. A directora de Relacións Institucionais da firma, Marga Hermo, e a xefa de Recursos Humanos, Elena Garrido, visitaron o Viveiro de Empresas de Espiñeira para coñecer de primeira man o Programa.

A iniciativa forma a 100 mulleres demandantes de emprego nas habilidades necesarias para a busca de emprego ou o fomento da capacidade emprendedora. O obxectivo do Concello de Boiro é buscar unha saída profesional axeitada aos obxectivos individuais e preferencias profesionais de tódolos participantes. “É fundamental crear sinerxías coas empresas do municipio para promover a inserción laboral”, afirmou o concelleiro Marcos Fajardo.

Neste momento estanse a desenvolver os cursos de ofimática básica, no que participan 15 mulleres. Todas elas van recibir formación nos fundamentos e aplicacións de procesadores de texto e follas de cálculo. Nestes días tamén se está levando a cabo o curso de Xestión de Almacén e Comercialización na industria alimentaria, no que participan 30 mulleres.

As directivas de JEALSA animaron ás participantes xa que “a formación continua é fundamental para medrar tanto profesional como persoalmente”. O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2020-2021 está dirixido exclusivamente a mulleres e combina a formación online e presencial.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.