No Son, o Concello convídanos a coñecer Queiruga a través dunha ruta por mar e monte

19 Maio 2021

O Concello de Porto do Son compartiu con nós estes días os importantes atractivos da Ruta de Seiras e Queiruga, un itinerario proposto para coñecer a fondo a fermosa contorna marítima da dita parroquia, que destaca non só polas súas praias senón tamén polas importantes vistas que ofrecen (terra adentro e mar adentro) os seus cantís, promontorios e miradoiros, como por exemplo o do porto natural de Nadelas. Trátase dunha ruta que “nos achega ao mar, ao monte, á arquitectura relixiosa e á arqueoloxía”, sinala o Concello.

Desde a Casa de cultura de Queiruga podémonos achegar por un desvío sinalizado á capela de Porto Nadelas, co seu porto natural e o castro de Queiruga á beira. Tras regresar á ruta bríndasenos a oportunidade de percorrer a costa, as aldeas e de novo a costa polas dunas da praia de Queiruga, enlazando logo co conxunto formado pola capela, a igrexa e a casa reitoral da parroquia. Logo teremos ocasión de subir ata o punto máis alto do itinerario por u un carreiro que nos levará directos aos petróglifos da contorna de Queiruga, entre os que destaca o de Pedra Sartaña.

A ruta presenta 6,60 quilómetros de percorrido e é de dificultade baixa.

Podemos descargar todo o preciso para desfrutala a través de Wikiloc. Tamén está dispoñíbel (toda a información sobre o percorrido) nun PDF habilitado na web do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.