No Son acondicionouse o acceso á praia do Dique, en Queiruga

03 Maio 2021

O Concello de Porto do Son proseguiu na recta final de abril coa súa liña de acción para mellorar servizos, vías e infraestruturas. Algúns destes traballos puxeron o foco na vindeira tempada turística, como por exemplo os labores despregados para mellorar o acondicionamento da praia do Dique, na parroquia de Queiruga, un dos tesouros naturais do concello. Os operarios municipais traballaron estes días na accesibilidade do camiño que leva ao areal, ao que, como lembraremos, só se pode chegar camiñando a través dun sendeiro forestal que precisa mantemento periódico.

Asemade, os operarios acondicionaron e rozaron os accesos da Silva, Goiáns.

E, por outra banda, tamén traballaron en mellorar os camiños das parroquias de Queiruga e Caamaño.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.