O Mercado Municipal de Ribeira acolle a exposición itinerante Xuventude Crea

10 Maio 2021

A titular do departamento autonómico destacou o papel fundamental deste concurso como xeito de amosar que “a mocidade galega é talentosa, traballadora e responsable”

A conselleira de Política Social, a ribeirense Fabiola García, celebrou esta tarde, durante a inauguración da exposición de Xuventude Crea no Mercado Municipal de Ribeira “os referentes novos cheos de talento e creatividade” dos que pode presumir Galicia. A mostra, que ten carácter itinerante, fai un percorrido polos últimos dez anos do certame e poderá visitarse en diferentes localizacións ata abril de 2022.
A exhibición, que se poderá ver cada mes nun lugar diferente ata chegar ás doce localizacións previstas, comeza en Ribeira, onde estará todo o mes de maio, e continuará en Lalín, onde permanecerá o mes de xuño; Vigo, en xullo; Tui, en agosto; Noia, en setembro; Lugo, en outubro; Ourense, en novembro; e, por último, estará en Santiago de Compostela todo o mes de decembro. De cara ao 2022 especificaranse as datas nas que recalará nos seus seguintes destinos: as cidades da Coruña, Pontevedra e Ferrol, e Chantada.
Durante o acto inaugural da exposición, a conselleira de Política Social explicou que os obxectivos principais deste programa son, por unha banda, coñecer algunhas das mostras máis senlleiras da creatividade xuvenil e, por outra, permitir aos seus artífices amosar o seu talento en varios lugares da comunidade.
Récord de participación
Fabiola García recordou que o pasado ano medio milleiro de mozas e mozos se presentaron ao certame, o que supuxo un récord de participación do programa. Este feito, xunto ao compromiso do Goberno galego de seguir a fomentar a creatividade e o talento da mocidade galega, leva á Xunta de Galicia a continuar apoiando estas iniciativas, posto que se trata dun dos principais escaparates para “demostrar ao mundo enteiro que as xeracións máis novas teñen unha enorme puxanza”, recalcou.
Neste sentido, a titular de Política Social lembrou que nos últimos anos se foron incorporando novas categorías ao abano inicial, ata chegar ás 14 actuais. Entre outras disciplinas, o certame organizado pola Consellería premia os mellores traballos en artes plásticas, banda deseñada, cociña, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti,
moda, música, poesía, teatro e videocreación. As últimas en sumarse ao programa foron as de creación de videoxogos e novela curta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.