En Ribeira recuperarase o espazo onde se localizan os antigos tanques-depuradora de Bretal

27 Maio 2021

O Concello de Ribeira vai recuperar o espazo onde se emprazan os antigos tanques-depuradora de Bretal, na parroquia de Olveira, debido a unha axuda pertencente ao Fondo de Compensación Ambiental que concede a Vicepresidencia Primeira da Xunta.

A finca, que é propiedade municipal, ten tres depósitos de fibra semisoterrados (actualmente sen funcionamento) rodeados por unha soleira de formigón. Os tanques serán levados a un xestor autorizado e así, acondicionarase a soleira, mentres que espazo ocupado no subsolo, utilizarase de recheo. Ademais plantaranse árbores nunha zona próxima previa limpeza da mesma.

A actuación ten un orzamento total de 7.401 euros, IVE incluído. Sen embargo, o importe da achega concedida por Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo é de 6.748 euros.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.