Controlado o incendio de Jealsa

08 Maio 2021

21.00 Os equipos de emexencias dan por controlado o incendio que afectou á conserveira Jealsa, en Boiro.
O lume iniciouse as 14:30 na zona do conxelado. A virulencia das lapas dificultou a extinción do incendio, no que traballan os Bombeiros de Boiro, Ribeira, Ribadumia e Santiago, os membros do GES de Noia, Sanxenxo e Muros, os efectivos de Protección Civil de Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Noia e Cambados, equipos de Salvamento Marítimo e Gardacostas Galicia.
Tamén, no punto, atópanse os membros do Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA, dotacións do Servizo Provincial de Incendio e técnicos da empresa subministradora de enerxía da zona, así como, os axentes da Policía Local, da Garda Civil e as autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.
Afortunadamente, non hai que lamentar danos persoais.
Así mesmo, por precaución, 25 vivendas da zona foron desaloxadas e 60 persoas tiveron que ser evacuadas a causa do fume provocado. Todas atopábanse ben e xa poden volver as súas casas.

A media tarde, tal como vivos informando en O Barbanza, e coas causas do lume aínda por dilucidar, o que máis preocupaba eran precisamente os depósitos de amoníaco, polo dano ambiental que podería desatarse se chegasen a arder. Por iso é polo que se actuase por «terra, mar e aire» para tratar de aplacar as chamas. Segundo indicou o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, desde o lugar, a estratexia centrouse en que desde terra os efectivos de Bombeiros estenden escaleiras para chegar ás naves que estaban a arder, mentres que os helicópteros arrefriaban as cubertas das zonas nas que se rexistraban os focos. «Téntase salvar unha parte importante da fábrica», manifestou Rueda, que precisou que «se está atacando o lume desde fóra e tentando que non se propague» ás partes «sensibles».

Unha vintena de vehículos e medio centenar de efectivos de distintos corpos (bombeiros de Boiro, Ribeira e Ribadumia, GES de Noia, Protección Civil de Boiro), ademais de equipos de Salvamento Marítimo e dos Garda Costas de Galicia participaron no control do lume, que se logrou en torno das 20.30 horas segundo comunicaron fontes do 112. Sobre os danos ocasionados, ningún humano, o director xeral de Jealsa, Cristóbal Valdés explicou que o incendio se iniciou na «parte traseira» das instalacións, a zona de «expedición de peixe», mentres que a propia planta «non está afectada». Sen atreverse a cuantificar as perdas, o responsable avogou por esperar a ver como avanza a situación para facer unha valoración dos danos causados e aclarou que dada a súa capacidade de almacenaxe «serán capaces de atender aos clientes sen problema» pese ao revés sufrido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

“De tanto falar, equivócanse”. Luís Celeiro

Cando se pare, se se da o caso, os corredores pedestres non terán por onde andar, quedaransequietos, como enterrados no abismo. Mirarán para tódolos lados, acordaranse da importancia dosmovementos á dereita e á esquerda, e seguirán tesos alí na entrada da sima, na...

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

“Cuando yo no esté” – Manuel Domínguez

Esto es una creación literaria, nada personal de nadie. Cuando yo ya no este. Tu hijo, mi nieto se subirá a lo alto del naranjo, le dirás, te pareces al abuelo, él cuándo niño se subía a los árboles y me enseño a subir a mí, después te enseñare una foto. Desearas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.