Numeros efectivos traballan no control do incendio da factoria de Jealsa

08 Maio 2021

O incendio na conservera Jealsa en Boiro ten desplegados numerosos medios, 3 helicópteros, embarcaciósn da Garda Costas de Ribeira, Parques de Bombeiros, Ribeira, Santiago, Ribadumia, Ames, Boiro e Ames asi como efectivos de protección civil de Ribeira, Noia e Boiro. Como consecuencia da intensa fumareda houbo que desaloxar varias vivendas próximas á factoría.

Incendio de Jealsa visto desde Vilagarcía

O incendio afectou á cámara frigorifica da factoría e segundo informou O Barbanza o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, o vento do sur axuda a que o lume vai en dirección contraria ao eixo central da empresa.

O rexedor informou de que se uniron aos labores de extinción medios aéreos. O lugar do incendio desprazouse o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda e a subdelegada de A Coruña.

A Xunta activou o nivel 1 do Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, Platerga, para garantir a coordinación entre os organismos mobilizados , informou o CIAE 112 Galicia, que explica que solicitou a intervención dos bombeiros así como do GES dos efectivos de Protección Civil de Boiro. Ademais, foron mobilizados equipos de Salvamento Marítimo e dos Garda Costas de Galicia, así como a Policía Local e a Garda Civil. A intensa fumareda provocada pola chamas declaradas sobre as 14,30 horas deste sábado e da que informaos en O Barbanza apenas pasados uns minutos do inicio pudo verse desde puntos de toda a ría de Arousa.

Está previsto que o operativo continue tod a anoite para tratar de controlalo lume e que non se propague o resto da factoria xa que poderia verse afectada outras naves así como as oficinas da conserveira.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.