Cambio nas charlas culturais no Lustres Rivas sobre Penalta, Fernández, Ayaso e Costa

18 Maio 2021

Por causas de forza maior cambia o programa das charlas culturais complementarias á exposición “Cinco artistas do Barbanza” que está a exhibir o Centro Cultural Lustres Rivas.
Así, o xoves 20 de maio ás 20.30 horas terá lugar de Xosé Antonio Ventoso Mariño sobre o pintor Xoán Fernández.
Unha semana máis tarde, o xoves 27 ás 20.30 horas, Manuel Cartea disertará sobre Manuel Ayaso e Eva Veiga sobre Alfonso Costa.
E o mércores 2 de xuño ás 20.30 horas haberá unha charla sobre a escultora Soledad Penalta a cargo de Juan Monterroso Montero.
O aforo estará limitado a 20 asistentes. Será imprescindible reservar con antelación enviando un correo a culturaefestexos@ribeira.gal indicando nome, apelidos, número de asistentes e teléfono de contacto.
Colaboran a Fundación Museo de Artes e a Asociación Barbantia.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.