Bonos de 30 euros desde o luns na web da Xunta para gastalos en comercio local

02 Maio 2021


Os bonos desconto de ata 30 euros que a Xunta lanza para reactivar o consumo no comercio poderán descargarse a partir deste luns, 3 de maio, na páxina web da Administración autonómica.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, que prevé chegar a uns 330.000 clientes para xerar un impacto en vendas de 55 millóns de euros.

Os interesados en recibir este ‘Bono Activa Comercio’ deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal para logo descargalo a través dunha aplicación móbil. Os descontos serán de 5 euros en compras de 30 euros ou máis, e de 10 euros para as de 50 euros ou máis.

Nestes momentos, hai uns 2.500 establecementos adheridos nos que se poderá empregar e os comerciantes interesados aínda poderán inscribirse na campaña ata o 15 de maio. O Goberno galego investiu uns 10 millóns de euros neste bono dirixido aos consumidores “para facilitar as compras” e xerar un “impacto sobre o comercio, que está a facer un esforzo importante” durante a pandemia de covid-19.

.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.