Amicos, Ambar e A Creba, entre as beneficiadas coas novas axudas da Deputación a entidades sociais da provincia

05 Maio 2021

A Deputación da Coruña apoia este ano con 3 millóns de euros a actividade de 215 entidades sociais da provincia. A área de Benestar Social conta con catro liñas de subvencións: para o mantemento de centros, para programas e servizos de entidades no ámbito social, para apoiar programas sociosanitarios e para financiar os novos investimentos que as entidades precisen. Respecto deste último punto, beneficiaranse este ano 74 entidades sociais, cun orzamento total de 695.992,54 euros. Inclúense nesta lista de destinatarias das axudas entidades da nosa comarca como Amicos (20.300,99€), Ambar (35.989,00 €) ou a Asociación A Creba (28.623,33 €).

As devanditas axudas, que son compatíbeis coas destinadas a financiar programas sociosanitarios ou servizos sociais, oscilan entre os 1.000 e os 41.000 euros, en función do investimento que se ha financiar.

A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, subliñou a relevancia destes apoios “para acometer obras de renovación, ampliación e mellora nos centros asistenciais, coma residencias e centros de día, que xestionan decenas de entidades sociais na provincia, así como para a adquisición de equipos para tratamentos terapéuticos e de rehabilitación, implementación de novas Tecnoloxías da Información e Comunicación en entidades sociais, compra de equipamento específico para centros ocupacionais ou eliminación de barreiras arquitectónicas en centros e vivendas tuteladas”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.