Adxudicación provisional das obras de plataforma única na rúa Romero Ortiz de Ribeira

14 Maio 2021

O Concello de Ribeira vén de anunciar da adxudicación con carácter provisional das obras para a pavimentación da rúa Romero Ortiz na cidade de Ribeira. A empresa encargada da actuación será Construcciones Anspal, S.L., logo de obter a mellor puntuación na clasificación entre as 30 ofertas presentadas. A proposta económica inicial é de 119.790 euros.

As obras consisten na mellora das condicións de accesibilidade da zona a través da creación dunha plataforma única para que vehículos e peóns circulen á mesma cota. Así, a plataforma incluirá unhas zonas diferenciadas, mellorando e ensanchando as áreas de tránsito peonil. Deste xeito, substituirase o aglomerado da calzada por pavimento de formigón semipulido no que se intercalarán franxas transversais de lousas de granito.

A iniciativa, que abrangue dende a confluencia da rúa Romero Ortiz co Malecón até máis aló da rúa Cervantes, enmárcase no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal. O prazo de execución é de cinco meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.